Instrucións

Esta páxina contén unha enquisa sobre o coñecemento e uso de recursos dispoñibles na rede que se poden empregar para a docencia da lingua e literatura galegas (na ESO e no Bacharelato). Trátase dunha recolla de datos cuantitiva e cualitativa dirixida ao profesorado e o alumnado, que ten como obxectivo a elaboración dun traballo de investigación, que será presentado como Traballo Fin de Máster do Mestrado de Secundaria neste curso 2010/2011 na UDC.

É dunha enquisa anónima, na que se solicitan algúns datos persoais para poder construír un perfil da/o informante, mais en ningún caso se pide o nome, apelidos ou DNI. 
As preguntas marcadas cun asterisco (*) son obrigatorias, mentres que as que carecen del son opcionais.
En ningunha das preguntas obrigatorias cómpre escribir ou desenvolver ningún tipo de explicación (agás no caso dos datos persoais), só marcar o grao de coñecemento e / ou uso de cada un dos recursos ou simplemente marcar se se coñece ou non unha determinada ferramenta.

As ligazóns a todos os recursos sobre os que se pregunta na enquisa pode atoparse na sección de recursos desta mesma páxina.

Moitas grazas por colaborares!